a&b comunicación

a comanda.

A Comanda Gastrobar emerxe no ano 2017 coa idea de crear un espazo no que os detalles marquen a diferenza.

E a nós fainos especial ilusión que os nosos veciños e veciñas se animen a crear novos espazos e novos negocios que enchan de vida a vila. E sentímonos inmensamente agradecidas cada vez que deixan nas nosas mans a enorme responsabilidade de crear a súa imaxe corporativa.

Neste caso, tiñamos que reflexar un par de ideas claras: a elegancia e a excelencia á hora de ofrecer un bo servizo e unha protagonista clara: a comida caseira plasmada nunha carta selecta.

Aquí vos deixamos algúns dos traballos que fixemos para eles e animámosvos a que vos acheguedes a coñecer o espazo, porque quedou espectacular. Ademais é o resultado do traballo de moitas veciñas: Rótulos Miguélez, Paco Sánchez na impresión de cartas, Rafa con miles de ideas e consellos… Nesta vila hai moita vida!

Cliente:
A Comanda
Servizos:
Identidade corporativa, diseño gráfico, fotografía

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados