amphora
“amphora” é un viño tinto elaborado no Ribeiro polos viticultores Alfredo Fernández e Javier López.
É produto dun traballo realizado con agarimo e tamén coa sabiduría que dan os anos de achegamento á natureza, á terra e á marabillosa cultura do viño.
Para este exquisito Ribeiro Alfredo e Javier uniron forzas e falaron connosco para poñerlle imaxe á súa nova creación.
Unha das cualidades que fan este viño moi especial é que está elaborado en ánfora e vai ter unha tirada de só 700 botellas, co cal estamos ante un viño plurivarietal especial, exclusivo e atípico, feito con uvas provenientes dunha finca moi antiga situada en Castrelo de Miño.
Para vestir a súa botella (borgoña) chegamos á conclusión de que buscabamos un deseño de etiqueta limpo, claro e elegante pero ao mesmo tempo que non perdera modernidade.
Ademais tamén tiñamos claro dende o comezo que a paleta de cores debería estar perto de tonalidades cálidas e cores terra ou rosados. E velaquí o resultado.
Adoramos traballar en proxectos que nos vinculen ao territorio e con persoas que o respectan e o queren tanto coma nós.
Cando probedes o viño dádesnos a vosa opinión 😉