a&b comunicación

canteira fest.

O CanteiraFest é un festival organizado por mozas e mozos do Concello de Vilaboa que loitan arreo por encher o rural de actividades culturais. Dentro da programación do festival hai diferentes actividades que van desde o cine, a fotografía ou charlas pasando por obradoiros de autodefensa e como non, moita música.
Celébrase nunha canteira no mes de setembro, e ás veces chove. Pero sabemos que nesta terra a choiva é arte e non conseguiu deslucir o traballo e a ilusión deste marabilloso equipo.
Convidámosvos a achegarvos ao Canteira Fest 2020. Sen dúbida un festival moi fermoso.

Clienta:
Canteira fest
Servizos:
Fotografía, vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados