
Carta bar o 13.
Se buscades un lugar fermoso en Compostela onde conversar, tomar un bo viño e cear rico, rico deberiades visitar o n°13 da Rúa Santa Clara.
O 13 é un bar onde xuntarse, desfrutar dalgunha exposición e sobre todo da boa xente que alí se congrega.
E nós tivemos a sorte de lles deseñar a carta do menú. Buscaban unha carta sinxela, cun deseño minimal pero ao tempo que estivera en sintonía coa personalidade da taberna. E penso que o conseguimos 🙂
Gracias Aurora e Josiño pola confianza.
Vémonos no 13!