XVII Certame Galego de Bandas de Música

En outubro de 2024 tivemos a sorte de traballar nun proxecto repleto de música. Non foi exactamente a música que A&B acostuma escoitar no estudo (onde Ainhoa sempre sorprende con playlists dignas dos Premios Martín Códax), pero foi unha música distinta, a de banda, que descubrimos e gozamos plenamente.

O noso cliente, a Federación Galega de Bandas de Música Populares, confiounos a xestión das súas redes sociais nos meses previos ao evento, así como a cobertura audiovisual do mesmo. Encargámonos tanto da realización do vídeo como das fotografías. Para iso, contamos coa colaboración dos nosos compañeiros e fotógrafos de confianza, Jose Carlos e Marisela, de Garabato Photo. No apartado audiovisual, sumouse ao equipo Alberto, unha recente incorporación que está a ser unha presenza habitual no estudo.

Deixámosvos aquí o vídeo resumo: unha pequena peza que pretende reflectir o que aconteceu durante o evento. Alí, os nervios e a música mesturábanse coa emoción do público, que gozou dun espectáculo memorable.

Grazas a Iván, Tielas, Salomé… e a todas as persoas que fixestes que gozásemos tanto do noso traballo.

Cliente:
Federación Galega de Bandas de Música Populares
Servizos:
Cobertura audiovisual
Xestión de redes sociais

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados