



Cociña ourense
En marzo de 2019 estes cracks da cociña chegaron ao noso estudio da man do noso querido colaborador GarabatoPhoto cun proxecto ben fermoso: Cociña Ourense.
Esta asociación quere poñer no mapa á provincia de Ourense e para iso teñen unha arma moi, moi potente: a gastronomía. Para iso precisaban dunha boa comunicación así que puxémonos mans á obra.
Comezamos a traballar para eles xestionando as súas redes sociais. Despois dun ano continuamos creando contidos para eles e aprendendo as unhas dos outros. Grazas a todos/as pola vosa confianza, e grazas aos/ás máis de 1000 novos/as seguidores/as das redes que forman parte de Cociña Ourense.
Aquí vos deixamos os enlaces: