Colleiteiros
Colleiteiros é o nome da Asociación Galega de Vitivinicultura Artesanal, unha asociación que reúne ao colectivo de colleiteiros e colleiteiras de todo o territorio galego. A súa filosofía parte do traballo artesanal e a pequena escala posto que elaboran menos de 60.000 litros ao ano e só a partir de uva de colleita propia, sen poder adquirir uva de outros viticultores.
Por iso temos diante un traballo moi artesanal, que se fai con tempo, mimo e moita adicación.
Para o seu logotipo apostamos por un deseño sinxelo e elegante cunha tipografía sen serifa xa que este tipo de letras transmiten modernidade, forza, dinamismo, potencia, actualidade…
Engadimos á tipografía un icono que representa unhas uvas. É un deseño claro pero con poucas liñas para reducir a complexidade do deseño e facilitar o seu recoñecemento nun simple golpe de vista.
Engadimos á tipografía un icono que representa unhas uvas. É un deseño claro pero con poucas liñas para reducir a complexidade do deseño e facilitar o seu recoñecemento nun simple golpe de vista.
Longa vida a Colleiteiros!