a&b comunicación

eli servia, eres armonía.

Eli Servia é unha profesional que nos pode axudar a atopar a armonía co noso entorno e coas persoas que o habitan. Poñernos en sintonía con todos os elementos que nos rodean para lograr o equilibrio, a orde na nosa vida e no noso fogar. Unha tarefa altamente interesante, non vos parece?

Ela acudiu a nós pra buscar o deseño da súa marca, que emerxe coa idea de axudar a persoas a atopar o equilibrio baseándose na orde e na decoración. Trátase dun servizo pensado para persoas e por iso a importancia de plasmalas no seu logo. A proposta da clienta foi un corazón anatómico e ista foi a nosa adaptación.

Cercanía, trato persoal, sencillez e elegancia son sensacións que logramos con esta ilustración do corazón anatómico adornado con elementos da natureza, dando importancia aos materiais naturais, que toda vida debe ter presentes.

O corazón anatómico combina á perfección coa modernidade da tipografía, que lle aporta un toque selecto e actual.

Moita sorte Eli!

Cliente:
Eli Servia
Servizos:
Identidade corporativa

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados