


farmacia lameiras.
Farmacia Lameiras é un dos establecementos históricos de Ribadavia. O seu local goza da fermosura dun edificio antigo pero coa modernidade, sinxeleza e orde que require unha botica.
A búsqueda dunha imaxe propia fíxose tendo en conta as características da filosofía da farmacia: o logotipo tiña que xirar en torno a unha idea sinxela e moderna. E o máis importante: levar a esencia da súa localidade: Ribadavia.
Ribadavia é unha vila medieval cun símbolo por excelencia: o Castelo dos Sarmiento (século XII). Unha icona tan significativa foi o toque elexido para darlle o sentido de identidade propia e pertenza a un lugar xeográfico único no logo da Farmacia Lameiras.