a&b comunicación

Feira do Viño do ribeiro

A finais do mes de abril e comezos do mes de maio de 2022 tivo lugar a 59 edición da Feira do Viño do Ribeiro.

Nós sempre esperamos con moitas ganas esta festa, porque é un lugar de encontro marabilloso, pero este ano había moitísimos máis desexos de que chegara despois de pasar dous anos nos que a pandemia nos deixou sen desfrutar dos marabillosos caldos da nosa comarca deste xeito.

E este ano o Concello de Ribadavia xunto co Consello Regulador do Ribeiro decidiron prescindir do concurso de carteis e contratarnos a nós para a realización e deseño da imaxe da edición 59.

Para nós foi un grande reto xa que sabemos da importancia da Feira e o alcance desta e quixemos que a súa volta fose o máis memorable posible. Por iso fixemos unha proposta colorista e vitalista. A través da técnica do caleidoscopio descompoñemos uvas, vides, follas e mesmo o patrimonio para facer unha amalgama que aglutine aqueles aspectos que fan que O Ribeiro sexa unha comarca única, centrándonos na importancia e protagonismo dos seus viños.

Xa sabedes, sempre que poidades, brindade cun Ribeiro!

 

Cliente:
Sons da canteira
Servizos:
Deseño

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados