a&b comunicación

Festa do Pulpo do Carballiño 2020.

A Festa do Pulpo do Carballiño é unha festa que xurde a partir dunha reunión ocasional entre un grupo de amigos hai 59 anos.  E co paso do tempo foise transformando no que é hoxe en día: unha das maiores concentracións gastronómicas de Galicia.

No pasado ano 2020, como moitas outras festividades multitudinarias, non puido ter lugar, pero inda así, desde o Concello do Carballiño quixeron facer este vídeo homenaxe ao proceso de elaboración do pulpo e ás pulpeiras e pulpeiros.

Non sabemos se a vós vos acontece o mesmo, pero a nós só de velo éntranos unha fame terrible!

Oxalá pronto recuperemos a situación sanitaria que nos permita seguir adiante con este tipo de festas e romarías.

Cliente:
Concello do Carballiño
Servizos:
Realización de vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados