a&b comunicación

Fina Rei. Artesanía e tradición de Allariz

Fina Rei é unha empresa familiar que elabora doces tradicionais de Allariz mantendo a tradición.
Ademais de traballar desde o agarimo, a experiencia e a sabedoría que dan os anos, Fina Rei é unha marca para a cal o respecto polo medio ambiente, a lingua, o entorno e o produto co que traballan é de vital importancia. No ano 2021 celebraron o seu 50 aniversario e estamos seguras de que virán moitos máis, porque cando se traballa de xeito tan fermoso e profesional o éxito está asegurado.
Nós tivemos a sorte de traballar con eles na realización de varios vídeos.
Nun deles móstrannos un dos seus produtos máis valorados: os bombóns. E no outro preséntannos as galletas de nata (ou de nata e framboesa), con certificado ecolóxico e envase biodegradable 🍃 que pode ser utilizado como maceta soterrable, acelerando así a súa degradación. Ademais, no recipiente atoparemos un sobreciño con sementes para ver medrar a nosa propia pranta.
Empresas fermosas facendo cousas fermosas, non vos parece?
Cliente:
Fina Rei
Servizos:
Realización de vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados