
La Molinera: Unha viaxe cara á sociedade do coñecemento.
“Sociedade do coñecemento” é o nome co que se define a era post-industrial. O camiño cara a unha sociedade, á que o sociólogo Zygmunt Bauman chama “Modernidade Líquida“.
A “Modernidade Líquida” explica unha identidade flexible e versátil que fai fronte ás mutacións ás que o suxeito se enfronta ao longo da súa vida. Os empregos, as competencias, a aprendizaxe é cambiante e continua, os homes e as mulleres na “Sociedade do coñecemento” están preparados para ser transversais.
Máis aló de ser a única cheminea industrial que se conserva en Ourense, La Molinera ten unha historia que traspasa á da antiga fábrica de fariña, que pechou as súas portas na década dos 70 do pasado século.
En pleno século XXI La Molinera reinvéntase e, reconvertida nunha fábrica de coñecemento, propón formación, innovación, emprendemento, creatividade, ideas para abrir novas oportunidades aos e ás cidadás ourensáns.
“Unha viaxe cara á sociedade do coñecemento“.
La Molinera é un espazo único en Ourense que tedes que visitar. E mentres non acudides ao espazo deixámosvos con este vídeo que fixemos para que comprobedes a marabillosa localización e as instalacións que vos esperan na cidade de Ourense.