

mam cultura
MAM cultura é o resultado de moitos anos de traballo como xestor cultural de Manuel Araújo Montero. Detrás das siglas MAM agóchase a súa experiencia acumulada en diferentes campos da cultura (programación, produción, organización, dirección…) e coñecemento do sector e do panorama tanto nacional como internacional.
Para nós, a creación do seu logotipo foi un reto importante xa que queriamos estar á altura. Non só pola súa profesionalidade, senón tamén pola amizade que nos une, porque sabemos o doado e o magnífico que é traballar ao seu carón.
No deseño buscouse unha proposta limpa e elegante, cun icono altamente recoñecible e facilmente reproducible como protagonista. Eleximos o cadrado xa que é a forma xeométrica que mellor representa a estabilidade. Transmite a idea de fortaleza, solidez, seguridade.
Este deseño aboga por convertir “MAM” como nome recoñecible da marca. Simplifica o concepto e faino facilmente pronunciable e identificable.
Moita sorte, Manu. Un pracer, sempre!