mestres gandeiros
Mestres Gandeiros é unha iniciativa orientada á comunidade educativa e que ten por obxectivo transmitir aos mozos e mozas o coñecemento e as boas prácticas agrarias que a poboación rural está levando a cabo como xestora da biodiversidade e da paisaxe, na loita contra os incendios e na adaptación ao cambio climático.
En nove etapas que podemos consultar na súa web complétase un percorrido que ten como fío condutor a transhumancia que leva cada ano ás vacas da cooperativa A Carqueixa na busca do pasto máis fresco aos cumios dos Ancares.
Se vos interesa, os centros escolares que soliciten a súa participación neste Plan Proxecta, poderán ter acceso a todos os materiais e recursos de Mestres Gandeiros.
É moi interesante, non o perdades!
Ah! E o logo é un traballo noso 😉