a&b comunicación

mit 2020.

Como xa sabedes, para nós a MIT é un evento moi especial e se cadra é por iso que este ano máis que nunca, custounos moito chegar ao deseño do cartaz. Incertidumes, novos enfoques, a pegada da COVID19… Moitas foron as sensacións durante o proceso creativo. E si, custounos moito chegar á versión final, semella que este ano as cousas implicarán un esforzo extra.
 
Pero a MIT continúa; e máis que nunca coma o pulmón do teatro galego, un momento de pausa, de coller aire, respirar. E ese foi o concepto que queriamos transmitir co deseño. Que vos parece?
 
Ademais do cartaz un ano máis traballamos da man do equipo MIT na maquetación do programa, que podedes ver ao completo premendo aquí. 
 
Agradecemos especialmente a Roberto Pascual a súa sensibilidade connosco e o seu apoio neste proceso creativo e sempre. GRAZAS 💜
 
Cliente:
MIT. Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Servizos:
Deseño, maquetación programa

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados