



Imaxe da 30 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia é unha data sinalada tanto para A coma para B. Para nós a MIT sempre é especial e gozámola como nenas. E no ano 2015 ademáis tiv emos unha razón de peso para que o sexa inda máis: o cartel e o programa deseñámolo nós!
Cando hai meses Roberto Pascual, o director da MIT, nos chamou para facernos este encargo invadiunos a euforia e tamén os nervios por querer facer un moi bo deseño.
Despois de semanas de moito traballo, reunións e probas, atopamos nesta imaxe a identidade do 30 aniversario da MIT, aniversario onde a música é a protagonista e por iso tamén debía ser dalgún xeito a protagonista do deseño.
Agardamos os vosos comentarios, queremos saber que vos parece para continuar aprendendo! E tamén agardamos que veñades por Ribadavia nestes días nos que ás pedras da nosa vila invádelles a arte.
Se queredes ver o programa completo da MIT 2014 premede aquí