
mit 2017.
Un ano máis chegou a MIT (Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia) e con ela unha semana de tatro, de encontros, de vida, de cores e de experiencias únicas na vila de Ribadavia.
E nós ademais de encargarnos da maquetación do programa que podedes ver aquí, este ano quixemos facerlle unha pequena homenaxe recollendo algúns dos momentos máis fermosos (e que os nosos horarios nos permitían gravar, xa que tamén estivemos na taquilla colaborando como voluntarias).
E o resultado é o que vos amosamos no vídeo. Sabe a pouco, verdade? Pois o ano que ven, se non viñestes este xa, non vola perdades, porque é máxica.
Viva a MIT!