

mit2019.
No ano 2019 cumpríronse 35 anos de MIT e non era tarefa sinxela facer un deseño que estivera á altura de tal celebración. Ou polo menos así o sentimos nós.
Xa o ano anterior nos rondara pola cabeza a idea do caleidoscopio, dos reflexos, da acumulación de aprendizaxes e experiencias. E ese foi o xerme para o deseño do 2019.
O resultado é unha composición que parte de fotografías da nosa compañeira (e tamén equipo MIT) Rosinha Rojo e Natasha Lelenco. Un resumo dos 10 últimos anos de MIT dirixidos por Roberto Pascual.
