



MIT 2024. Non unha MIT calquera
Que podemos dicir da MIT que non teñamos repetido centos de veces? Non queremos ser pesadas, pero é que este ano, máis que nunca, a Mostra fixo que se nos puxera a pel de pita en máis dunha ocasión.
E isto é porque non foi unha MIT calquera. Foi a última MIT de Roberto Pascual coma director. E iso implica moitas cousas pero para nós, como parte do equipo, significa deixar de traballar eiquí cun dos mellores profesionais que existe no país dentro non só do mundo das artes escénicas senón tamén na xestión cultural e no eido da cultura en xeral. E un amigo da ialma, claro 💜
Así que se cada ano sentiamos unha grande presión á hora de deseñar a imaxe que vestiría a Mostra, este ano foi maior aínda. E que se nos ocurriu? Pois que en lugar dun cartaz había que facer tres!
Si, un tríptico para unha edición espello, no que se reflicte a fusión, a idea de linguaxes híbridas da escena a partir de fotografías realizadas pola fotógrafa oficial do festival Rosinha Rojo, con obras pictóricas de diferentes épocas artísticas depositadas en museos europeos.
Nél podemos ver a Patricia de Lorenzo, unha posta en escena de Marta Pazos ou unha escena de danza de La Macana (artistas ás que admiramos profundamente), que conforman a escolma do deseño gráfico que procura reflectir a identidade do festival e as fusións.
✨A MIT foi o primeiro festival en realizar coproducións, en fomentar o diálogo das compañías galegas nun contexto internacional, a diversidade de xéneros escénicos, as residencias e programación expandida…
Todo iso pretende ser a imaxe, baixo o fondo patrimonial e artístico da vila do Ribeiro, con variada oferta de espectáculos na rúa, ademais do Castelo.
Non sabemos que será da MIT o ano que ven, pero nós, polo ben da nosa vila, do teatro galego e estatal e pola cultura en xeral desexamos que o legado que nos deixaron as persoas que participaron ao longo destes 40 anos de Mostra permaneza vivo e co mesmo espírito crítico e de amor incondicional polas artes escénicas.
✨ Viva a nosa MIT de Ribadavia! ✨