a&b comunicación

MIT 2021. “A arte marca a diferenza”

“A arte marca a diferenza”
“El arte marca la diferencia”
“Art makes difference”
​Selvática, refrescante e provocadora, a imaxe da MIT 2021 quere expresar un dos motivos condutores da programación desta 37ª edición, as fake-news ou a manipulación na era da posverdade. A dramatuxia contemporánea, as coproducións, a memoria, o amor e a diversidade son algúns dos outros fíos condutores desta edición, que se presentará a finais deste mes de xuño.
​Despois dun 2020 de resistencia e compromiso, cunha edición especial, a MIT volve retomar o pulso internacional en 2021 coa presenza de mestres da escena mundial e novas figuras emerxentes do panorama escénico máis innovador, con fíos condutores que van desde dramaturxias a partir de Shakespeare, pezas de danza contemporánea, novo circo ou espectáculos de calidade para público familiar.
Cliente:
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Servizos:
Imaxe do festival

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados