a&b comunicación

Moncho fotógrafo.

Estes días atrás tivemos a sorte de traballar para unha  persoa que admiramos, un dos fotógarfos de  Ribadavia.  Trátase de Moncho Fotógrafo, que nos encargou o complicado traballo de mudar a súa imaxe corporativa.

Así que nos puxemos mans á obra para idear un logo que se axeitara á súa persoalidade, ó seu traballo e que funcionase en diferentes formatos e aplicacións.

O traballo foi denso, complicado e longo, pero finalmente conseguimos chegar ó que el estaba buscando e ficamos moi contentas co resultado final.

Agardamos que con esta nova imaxe o compañeiro Moncho chegue moi lonxe. Gracias pola túa confianza!

Cliente:
Moncho Fotógrafo
Servizos:
Deseño de identidade corporativa

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados