a&b comunicación

naturavia.

Naturavia é un selo de cosmética ecolóxica que nace das mans de Carla e Pepe na nosa vila, Ribadavia. En 2009 comenzou a súa andadura e para nós é un dos emprendementos máis fermosos da nosa contorna.

Eles confiaron no noso traballo xa moitas veces, son uns deses clientes de confianza e da familia. A encarga que vos presentamos neste proxecto é unha sesión de fotografía que fixemos unha fermosa mañá de verán.

Precisaban presentar un produto, imaxes de amizade, complicidade, familia… E nesa mañá, ante as nosas cámaras puídemos retratar o espíritu Naturavia.

Clienta:
Naturavia
Servizos:
Fotografía

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados