

benvida olivia.
Presentámosvos á pequena O L I V I A ❤
Ela foi a protagonista durante unha mañá dunha das nosas sesións fotográficas.
Para nós a fotografía de familia non ten moito sentido nun estudio. Pensamos que é máis fermoso e persoal facelas nun lugar onde a familia esté cómoda. A súa casa, un xardín, o seu parque habitual… Neste caso eleximos a casa da familia, xa que ademais de ter moi boa luz a tiñamos moi preto do estudio porque somos veciñ@s!
Agardamos vos gusten estas imaxes, a A&B cáesenos a baba con esta familia de belezas!