

Olueis, la vie en fleur.
A nosa veciña, Sonia, decidiu emprender neste 2022. Ela tiña unha paixón dende hai moito tempo: as flores e a decoración. Da mestura destes elementos nace Olueis.
Adícase ao deseño floral creativo con flores secas e preservadas e para a promoción e venda dos seus arranxos florais precisaba fotografías dos produtos.
Aquí podedes ver algunhas das fotografías tomadas para a súa web (que inda está en construción). Pero se queredes ir sabendo máis de Olueis recomendámosvos que visitedes o seu Instagram.
Grazas pola confianza, Sonia, e por encher o noso estudio da beleza das flores.