


o suído.
O proxecto O Suído é unha iniciativa na que se busca valorar, divulgar e conservar o patrimonio material, inmaterial e natural dos concellos que conforman a Serra do Suído: A Lama, Avión, Beariz, Covelo e Fornelos de Montes.
O obxectivo principal é facilitar o acceso e a transmisión do patrimonio rural, mediante un modelo baseado no procomún. Deste xeito poderemos coñecer as distintas formas de ver, sentir e vivir o patrimonio rural como posible xerador de actividade e riqueza na zona, posibilitando aos seus habitantes o desenvolvemento de iniciativas económicas, culturais e sustentables.
Con todas estas ideas na cabeza puxémonos a traballar no deseño do logotipo do proxecto. E aquí vos traemos o resultado final: Un logo no que o protagonista é o símbolo das cimas que representan aos 5 concellos que forman parte do proxecto. A variedade de cores fai referencia aos diferentes valores materiais e inmaterias do espazo e aos sentimentos e maneiras de vivir o espazo rural.
Esperamos que gostedes e sobre todo que este proxecto teña un longo percorrido, xa que fan falla moitas iniciativas coma esta.
Gracias a Jose e Manuel pola confianza e por poñer en valor o espazo rural.