oxitocina.

Oxitocina é un proxecto que comeza con moita ilusión da man de Clara Terricabras no ano 2018 e que trata sobre maternidade, crianza e paternidade. O proxecto está dirixido a nais, pais e educadoras e educadores en xeral.

A oxitocina é unha hormona relacionada cos patróns sexuais e a conduta maternal e paternal, que actúa tamén como neurotransmisor no cerebro. Nas mulleres, a oxitocina libérase en grandes cantidades durante o parto.
Inda que o papel desta hormona non fica aquí, senón que tamén actúa no sistema nervioso e en diferentes comportamentos como no orgasmo, no recoñecemento social, no emparellamento, na ansiedade, e en comportamentos maternais. Por esta razón, ás veces denomínase “hormona do amor”.

Todas estas ideas son o caldo de cultivo para o proxecto que se esconde tralo nome de Oxitocina, un espazo onde atopar obradoiros, asesoría, contos… Todo baixo unha perspectiva de xénero e respectuosa coas persoas.

O noso traballo nun inicio foi a creación da súa identidade corporativa, continuou coa maquetación dos libros personalizados da súa tenda online e posteriormente traballamos cos nosos colaboradores de Autoxiro na súa páxina web: oxitocina.gal

Longa vida e oxitocina!

Cliente:
Oxitocina
Servizos:
Deseño de identidade corporativa, maquetación de libros e creación de web.

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados