a&b comunicación

Percorrendo o Museo Etnolóxico de Ribadavia

Nestes tempos nos que o acceso aos museos faise imposible por tempadas, o Museo Etnolóxico de Ribadavia quere crear contidos audiovisuais do seu traballo, exposicións e outras actividades que cheguen a toda a poboación.

O obxectivo de este vídeo é mostrar a diversidade de traballos e persoal técnico que traballan nas súas instalacións, así como difundir a función de conservación do patrimonio que ten un museo. Para coñecer o seu traballo empregamos como fío condutor do vídeo a montaxe dunha exposición.

Nela participan todas/os as/os traballadoras/es do museo, un persoal profesional co que dá gusto traballar. E ao fronte do equipo César Llana, unha desas persoas efervescentes coas que é un pracer compartir proxectos.

Grazas pola confianza e grazas por ser tan bos actores, equipa!

Cliente:
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Servizos:
Realización de vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados