a&b comunicación

1º premio no concurso de dinahosting.

O Nadal 2013-2014 vai ser un deses nadais que non imos esquecer en tempo. E todo gracias ó concurso que organizaron dende “Dinahosting” de felicitacións de nadal.

A nosa felicitación protagonizouna o bo do Ledo, o can de A, do que se podería dicir que é a parella ideal de Lassie, a cadela que mantivo en vilo ás nosas familias diante dos televisores nos 60′s.

O Ledo (coa súa enorme paciencia) convertiu a gravación nalgo moi doado e a verdade é que o noso protagonista estaba como can na auga :p diante da cámara. Un bo catering de salchichas, moitos agarimos e risas foron dabondo para convencer ó Ledo, que estivo encantado de xogar a ser o noso actor durante toda a gravación.

Neste concurso existían dúas categorías: o premio do xurado e o premio do público (polo que nós loitamos feramente).

O día de inicio da votación iniciamos a nosa campaña #unchuletonparaoLedo e comezamos a colapsar os emails, whatsapps e facebooks de amig@s e familiares. E para facer máis atractiva a promoción fixemos algunhas montaxes que triunfaron coma a Cocacola!

Pasamos os seguintes días comendo, durmindo e traballando co Dinahosting a voltas. Despois dunha disputada competición contra un contrincante un chisco trampulleiro logramos unha gran ventaxa en votos e fixemos a conta atrás un pouco máis tranquilas. E por fin puxéronse en contacto con nós os organizadores! Gañamos o primeiro premio do público! Happismo a tope!

E como o prometido é debeda cumplimos coa promesa de darlle ó Lediño o seu particular premio. Gracias a tod@s, gracias ó Ledo!

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados