a&b comunicación

Presentación Mestre Mateo 2022

A Academia Galega do Audiovisual anunciou o 16 de novembro a celebración da vindeira edición dos Mestre Mateo en Ourense, nun acto presentado por dous marabillosos ourensáns: a actriz Eva Fernández e o comunicador Rodrigo Vázquez. 
Foi unha tarde de chuvia, chea de reencontros e beleza audiovisual. Aproveitando o acto e a nova da próxima gala en Ourense, procedeuse a inaugurar a exposición “Un retrato ben merecido. 20 anos da Academia Galega do Audiovisual”, unha mostra fotográfica do autor Aigi Boga composta por vinte retratos que representan algúns dos oficios do sector audiovisual.
Desfrutamos do traballo co noso compañeiro e fotográfo de confianza, Jose Carlos. Un pracer traballar contigo, coma sempre!

Cliente:
Academia Galega do Audiovisual
Servizos:
Realización de vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados