
Promo Feira do Viño do Ribeiro 2014.
As e os que nos coñecedes saberedes que nos gustan as cousas sinxelas, elegantes e diferentes. E estos tres conceptos son os que tentamos unir neste traballo audiovisual que nos foi encargado polo Concello de Ribadavia: a promo para a 51 Feira do Viño do Ribeiro (que terá lugar aquí, en Ribadavia). E esperamos que chegue a gostar a moita xente!
Levamos unha larga tempada atarefadas neste traballo e fixémolo con moito agarimo, xa que para nós, a Feira do Viño é unha das nosas festas favoritas do Ribeiro.
Un apuntamento: se o visionades na compaña dun bo viño do Ribeiro mellor que mellor!