a&b comunicación

proxectarte.

Proxectarte foi unha iniciativa de O gato cósmico que se levou a cabo en Ribadavía en setembro de 2019. A proposta tiña como finalidade a experimentación con elementos tridimensionais para a creación dunha escenografía pensada para decorar un escenario musical ou teatral. Para iso baseáronse no imaxinario da artista Iria Fafán, en concreto nas pezas ‘Growing up’, unhas caixas de luz creadas en 2017. O interesante destas pezas son os xogos de luz e sombras creados polas diferentes texturas do papel nos distintos planos de profundidade.

Eses días traballamos na cobertura da actividade e acompañamos a Rocío de Estudio Arte, a Iria, a Matilde e a todos/as os/as participantes nesta actividade artística. Grazas por compartir os vosos sorrisos connosco!

Clienta:
O Gato Cósmico
Servizos:
Fotografía, vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados