a&b comunicación

#putadaguapa

#Putadaguapa é unha peza documental que creamos xunto coa marabillosa xente de Accem e que nace da necesidade de cuestionarnos que está a pasar na poboación máis nova. Accem chegou a nós a través de Dani, o seu responsable territorial, e xuntas buscamos o xeito de achegarnos á mocidade e escoitar o que precisan dicir acerca da sexualidade. E crédenos, teñen moito que contar.
Na Galiza, Accem leva unha longa traxectoria impartindo talleres en institutos sobre trata con fins de explotación sexual. Ademais, os datos confirman que cada vez aumenta máis o consumo da prostitución en mozas e mozos e mesmo é a súa primeira experiencia de socialización coa súa sexualidade.
Neste traballo contamos coa incríble axuda de Gael Carballo como compañeiro de cámara e con Sisco Lariño encanrgándose do son.
A música tamén é unha peza clave da curta e as súas creadoras son as bravísimas Flow do Toxo, que nos cederon o seu tema “Aquí están as que gritan”.
Se queredes ter máis información sobre a difusión desta curta documental, animámosvos a que contactedes con vigo@accem.es.
 
Cliente:
Accem
Servizos:
Realización de vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados