a&b comunicación

Retratando despedidas.

Na nosa curta traxectoria como fotógrafas fixemos moitas sesións: barriguiñas de nais, vodas, cumpreanos, bautizos, comuñóns, o Ledo, cosméticos, ataúdes… (si, tamén ataúdes) pero o que non fixeramos aínda era a fotografía dunha despedida de solteira e, falando de diversión, gaña con creces ó resto por goleada!

Para esta despedida as amigas da noiva decantáronse por unha actividade diferente e moi orixinal: unha sesión fotografica. Dúas fotógrafas acompañándoas na súa divertida xornada para que todo quedase inmortalizado. A data elexida polas rapazas foi a Feira do Viño do Ribeiro e iso tamén foi un factor importante para a sesión.

Que ben o pasamos con estas rapazas, entre risas, bailes, viños e emocións! Este foi o resultado! Graciñas de corazón, mozas!

Clienta:
Particular
Servizos:
Fotografía

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados