a&b comunicación

Ribeiro, o teu mellor camiño.

Ribeiro, o teu mellor camiño” é unha campaña de promoción turística da Ruta do Viño do Ribeiro.

Para esta campaña realizamos unha sesión de foto na que tivemos unhas xeniais modelos, Tia e Lara, dúas das voluntarias europeas da OMIX de Ribadavia. Traballar con elas foi superdoado e divertido, todas desfrutamos moito da xornada e iso nótase no resultado, non?. Moitas grazas por todo, rapazas!

Grazas tamén a Sonia, por ter confiado unha vez máis en nós e levarnos de excursión na búsqueda de fermosas portas e outros lugares con encanto do Ribeiro, que son moitos!

Cliente:
Ruta do Viño do Ribeiro
Servizos:
Fotografía

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados