a&b comunicación

ribeiroblues wine festival 2014.

O ano 2014 comezou a andadura do festival Ribeiroblues Wine Festival, unha actividade na que maridar música en directo e viño, no fermoso naútico do concello de Castrelo de Miño.

Deseñamos para eles  a identidade do festival: o seu logotipo, a cartelería e toda a imaxe do evento. Tamén cubrimos toda la actividade daqueles fermosos dous días facendo a fotografía e o vídeo.

Cando xuntamos dúas artes tan fermosas como a música e o viño as cousas non poden ir mal. E como non podía ser doutra maneira, a actividade foi todo un éxito. Longa vida o Ribeiroblues Wine Festival!

Clienta:
Concello de Castrelo
Servizos:
Fotografía, vídeo e deseño de identidade

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados