a&b comunicación

Ruta do Viño do Ribeiro-Clúster Turismo de Galicia.

A comezos do verán de 2015 o Clúster de Turismo de Galicia sacou a concurso un proxecto para desenvolver unha estratexia de promoción da Ruta do Viño do Ribeiro (RVR). E alí estabamos presentando a nosa proposta coa cal tivemos a sorte de gañar o concurso.

Así comezaba o que foi (ata o momento) o proxecto máis grande que tivemos entre mans A&B.

O traballo consistía no deseño dun mapa do que abarca a Denominación de Orixe Ribeiro e no que situar os cerca de 50 establecementos asociados á RVR ademais dun libriño-guía no que falar das características de cada un deles. Isto viña apoiado polo redeseño da súa web, a cal tivemos que facer practicamente dende cero. A dificultade tamén residía en que cada unha das publicacións e a páxina web tiñan que realizarse en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

O último encargo que completaba este proxecto consistía nunha carpetiña na que cada asociado puidese colocar a súa carta de viños. E ata agora podedes pensar que non era para tanto, non? Que tampouco era un encargo tan grande. Pero o que a nós nos abrumaba realmente era que estabamos a falar dunha tirada de 15.000 mapas, 5.000 libros e 50 cartas de viños. Sabedes o que ocupan 15.000 mapas e 5.000 libros?

Temos que admitir que foi unha tarefa laboriosa, ademais de que estivemos traballando a contrarreloxo (tiñamos un prazo moi axustado) pero que nos encantou levar a cabo. Quen nos coñecedes sabedes o que nos gusta traballar no e para O Ribeiro, por iso puxemos moitísima ilusión nestos deseños.

Xa para rematar queriamos deixar constancia de que este proxecto saíu adiante gracias ó marabilloso traballo e estupendo equipo que formamos coa nosa tradutora Silvia Villar e o noso informático José Barros de Autoxiro. Sen esquecer a adicación da técnica da RVR, Sonia Couso, que traballou arreo para facilitarnos toda a información que precisabamos e a axuda de Xosé Gonzalez do Polígono Virtual de Galicia que se preocupou por que tivesemos unha perfecta impresión! Gracias a@s catro!

E convidámosvos a que visitedes a súa web: www.rutadelvinoribeiro.com e que sigades os pasos desta asociación, que ten moito para mostrar da fantástica comarca na que vivimos.

Cliente:
Ruta do Viño do Ribeiro - Clúster Turismo de Galicia
Servizos:
Deseño de guía, mapa e redeseño de web.

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados