a&b comunicación

Sendeiros polo país dos ríos

Que fermosa está a nosa comarca en primavera, verdade?

Neste vídeo, onde se promociona o xeodestino O Ribeiro – O Carballiño, percorrimos algúns dos sendeiros e lugares máis fermosos da contorna: achegámonos ata a capital do polbo, O Carballiño, onde visitamos o centro da vila e poidemos achegarnos tamén a visitar o río Arenteiro no seu paso pola vila. Logo gravamos en Leiro e Pazos de Arenteiro, lugares cunha gran beleza natural. Paseamos por Ribadavia, onde atopamos recunchos moi familiares para nós e que sempre quedan fermosos por cámara. Para finalizar a visita unha paradiña nos viñedos e unha fermosa caminata polas Pozas do Tourón, que tiñan unhas cores espectaculares.

Como vedes, foi unha excursión moi completa na que gozamos da compañía dos nosos compañeiros de Autoxiro e Garabato Photo.

Agradecer dende aquí ao Restaurante Birrán e á Coperativa Vitivinícola do Ribeiro por deixarnos gravar nas súas instalacións.

Cliente:
Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño
Servizos:
Realización de vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados