sobre o extravío ou a arte de perderse

“Que difícil estar aquí, soa, contigo… Contigo atenta unicamente a ti, ao teu xeito de habitar este lugar”.

Sobre o extravío ou a arte de perderse” é a nova peza resultado da colaboración entre Ana Vallés (nada máis e nada menos que Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2024!) e Nuria Sotelo (bailarina, xestora cultural, actriz, coreógrafa, labrega… que non fai a Nuria?).

E nós, tivemos a sorte de facer un cartel, con estética cinematográfica, grazas ás fotografías de Rubén Vilanova (tamén parte da Casa Vella xunto coa Nuria).

A peza está en xira, así que aconsellamos que non a perdades porque é moi Nuria e moi Ana. Totalmente fermosa. E ademais, a este proxecto marabilloso sumouse o traballo de Laura Iturralde na iluminación e Monqup na produción musical.

Pra ir facendo boca deixámosvos os tráilers da peza, tamén montados no noso estudio.

Perdémonos pra encontrarnos?

 

 

Cliente:
Furia Sotelo
Servizos:
Deseño de cartel e edición de vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados