a&b comunicación

tear dos dodi.

Tear dos Dodi é un dos viñazos que temos na D.O. Ribeiro e cos que levamos xa anos traballando no seu deseño de etiquetas. 

Para a colleita 2019 quixeron mudar de raíz o deseño que tiñan e despois dun longo traballo e de ter que brindar en moitas ocasións cos seus viños para que as ideas fluíran este foi o resultado final. 

A etiqueta do seu branco é un dos traballos do ano 2020 do que nos sentimos máis orgullosas. Quixemos mesturar o nome da marca co concepto do tear e que o resultado fose elegante. Eleximos facelo nun stamping prata que lle dá moita viveza ao deseño. 

No caso do tinto optamos pola sinxeleza e cunha impresión con relieve no nome da marca, que fai que destaque na etiqueta. 

Nas nosas mesas neste Nadal xa brindamos con Tear dos Dodi, agora tócavos a vós!

Cliente:
Tear dos Dodi
Servizos:
Deseño de etiqueta

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados