

Trípticos Museo Etnolóxico de Ribadavia.
O Museo Etnolóxico de Ribadavia é un cliente que coñecemos o ano pasado e co que nos encanta traballar.
Fai un tempo xa vos falaramos do catálogo da exposición “A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico“, un traballo de maquetación co que aprenderamos moito, así que esta vez presentámosvos o tríptico coa información básica desta exposición e do Museo en si.
A finalidade era atopar un deseño que puideran compartir todos os trípticos informativos do Museo (exposicións, horarios, actividades…) e por iso optamos por un deseño sinxelo, con fondo branco que nos facilite a lectura e con bastante presencia da imaxe, pero un pouco modificada.
Gracias de novo a César e a todo o equipo do MER pola confianza!