
ukp day 2017.
No 2017 celebrouse a segunda edición dun dos festivais máis fermosos que se celebran en Ribadavia: o UKP day.
Imaxinamos que se nos seguides un anaquiño a pista xa sabedes do que estamos a falar, porque o ano anterior tamén tivemos a sorte de que contaran connosco para realizar o vídeo-resumo da actividade. Pero se hai algunha despistada contámosvos polo miúdo de que trata o festival. Poderiamos resumilo como un festival de Arte, Música, Gastronomía e D.I.Y que ademais ten lugar no interior do Castelo Medieval de Ribadavia. Con esto temos os ingredientes adecuados pra que o evento pinte moi ben, non? Pero é que ademais é en horario diurno, aberto e gratuíto e o seu principal protagonista é un instrumento moi de verán: o ukelele 🙂
O resto podédelo ver no vídeo e se non viñestes recomendámosvos que o ano que ven non o perdades, porque ademais o evento está organizado por grandes profesionais (O Gato Cósmico e La 10 planta) e iso ben se nota no resultado final.
Longa vida ao UKPday!