un descanso en los caminos.

Un descanso en los caminos” é un proxecto que xurde da man de Autoxiro para poñer en valor o patrimonio termal que rodea o Camiño de Santiago.

Para este proxecto colaboramos con eles na creación e deseño do logo e outros materiais de promoción. Para crear o logo tiñamos que ter moi presente a mestura de balneario + Camiño de Santiago, xa que ambos elementos tiñan que ter moita forza.

Eleximos as cunchas como elemento distintivo do camiño por excelencia e adaptar as mesmas ao adoquinado azul de balneario fai que se fundan ambos conceptos á perfección.

Grazas por contar connosco neste traballo e bo camiño!

Cliente:
Autoxiro
Servizos:
Deseño, identidade corporativa, logo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados