a&b comunicación

Xornadas de portas abertas da Ruta do viño do ribeiro.

A fin de semana do 24 e 25 de outubro adicámonos a percorrer O Ribeiro facendo fotos para a Ruta do Viño do Ribeiro, unha das nosas fieis clientas. 

Un ano máis celebraron as xornadas de portas abertas dos establecementos asociados, pero como todo neste 2020, foron unhas xornadas un tanto diferentes.  Grupos de máximo 5 persoas en cada adega, máscaras, xel desinfectante e todo o protocolo Covid estivo presente; pero entre todos/as os/as asociados/as e asistentes lograron realizar un evento seguro onde o viño foi realmente protagonista. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo. Agardamos que vos guste! 

 

Clienta:
Ruta do Viño do Ribeiro
Servizos:
Fotografía

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados