
Adegas Maleiga
Adegas Maleiga é un proxecto familiar que xurde do soño dun bo amigo, Wences. El decidiu seguir o camiño do corazón malia as incertezas do mundo da viticultura e emprender o seu proxecto para crear un viño de calidade.
Este cambio de vida simboliza a determinación por conectar coa terra, coa tradición e coa paciencia que require coidar da vide. Os tempos, os ciclos, as experiencias están presentes no eslogan elexido pola adega “É tempo de Maleiga” que serviu de premisa para estas pequenas pezas audiovisuais.
Desfrutar do viño no seu punto perfecto, cando o esforzo e a natureza se unen para ofrecer unha experiencia única. A chamada á calma, á celebración da autenticidade e a compartir con tempo, con calma, con amor.
Brindemos, xa que “é tempo de Maleiga” 😉



