Din que quen non foi a Lisboa non viu cousa boa. Si, sabémolo, é pouco orixinal comezar unha entrada do blog con esta frase pero é que non pode ser máis verdadeira.
Xa levabamos un tempo querendo coñecer a capital portuguesa e por fin, nesta ponte de decembro, lanzámonos á carretera ...
Ensinarme as fotos das túas vacacións? Si, por favor!
Ver as fotos das vacacións de amig@s e familiares pódese convertir nun castigo digno das torturas medievais máis crueis. Pero non todas, nós quixeramos ser amigas desta xente que vos presentamos a continuación e pasarnos o día vendo os marabillosos proxectos que crean coas instantáneas e vídeos das súas viaxes, ...