Unha pega moi fotoxénica
Esta historia comeza cando unha familia rescata a unha cría de pega que cae dunha árbore. E a partir de aquí todo é beleza.
Os e as protagonistas desta historia son unha familia de Newport, Australia, que despois de atopar a unha cría de pega, coidala, curala e deixala en liberdade, ésta decide voltar a miúdo a visitar á súa familia adoptiva. Xoga a collerlles as cousas, entra e sae da casa e mesmo se pousa sobre os seus ombros. O nome da fermosa (e moi humana) pega é Penguin e forma xa parte da familia: “É como un can movendo a cola: séntase aí na árbore e axita as súas ás coma se estivese contenta“, “Ve a tele, salta cos nenos e polas mañás voa á nosa cama e anícase“.
A beleza das imaxes é sinxela, sobre todo porque reflicten unha historia fermosa.
E a nós esta historia recórdanos infinitamente ó noso gran amigo Jacobo e á súa famila. Quen teñan o inmenso pracer de coñecel@s estarán dacordo con nós 😉
(Se queredes ver máis fotografías de Penguin e a súa familia visitade o seu Instagram aquí)
Penguin came home for Roo’s birthday from Cameron Bloom Photography on Vimeo.
Visto aquí.