IES 12 de Outubro

O IES 12 de Outubro é un instituto da cidade de Ourense onde se imparten ensinanzas en ESO, Bacherelato de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais e Ciclos Formativos de varias familias profesionais como Fabricación Mecánica, Imaxe Persoal e Electricidade e Electrónica.

Este instituto púxose en contacto con nós para facer un vídeo promocional e non puidemos ficar máis sorprendidas ao visitar e coñecer as súas instalacións. Os alumnos e alumnas poden traballar con maquinaria e ferramentas que se atoparán no mundo laboral; o achegamento é real e máximo e toda a plantilla de mestres e mestras foron incriblemente agradables con nós deixándonos pasar ata a cociña.

O vídeo foi gravado no mes de xuño do 2016 e contamos co noso técnico de son David para as voces en of. Gracias pola túa profesionalidade!

Se estades buscando novos camiños profesionais non deixedes de pedir información no 12 de Outubro. Alí a preparación é de primeira. Dende logo que a nós entráronnos ganas de voltar ao instituto. Convertirémonos en profesionais da electricidade? 😉

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close