a&b comunicación

lobos e cordeiros

Lobos e Cordeiros é unha serie da produtora Galiwood para a Televisión de Galicia. Estreouse en xaneiro de 2019, e o noso traballo para as súas redes sociais comezou en novembro de 2019.

Foron uns meses intensos de traballo de promoción desta serie de época. Os compañeiros de produción, foto fixa e todo o equipo e elenco da mesma participaron nesta aventura enviándonos moito material, e nós démoslle o noso toque.

A serie, ambientada en 1898 en Ourense, conta a través de tres clans familiares a historia de Galicia: os fidalgos, co marqués á fronte; a familia de médicos que vén de Madrid e os campesiños e criados. Cun pazo e un balneario como escenarios, a trama está chea de intriga, de segredos e de amores imposibles entre clases, aderezada cunha homenaxe á Pepa a Loba, bandoleira galega da época.

Se queredes ver a serie completa aquí vos deixamos o enlace da TVG.

Nestes outros dous enlaces podedes ver o noso traballo:

Facebook

Instagram 

Cliente:
Galiwood
Servizos:
Gestión de redes sociales

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados