
cartaz canteira fest.
O Canteira Fest é o primeiro festival orientado a mocidade no concello de Vilaboa e trata de achegar a xuventude a un ocio alternativo no rural. Ademáis é un festival onde as mulleres son as grandes protagonistas. Coloquios, concertos, exposicións e proxeccións conforman a programación dun festival gratuíto que quere achegar o seu « pequeno grao de area» na loita contra a sociedade machista na que vivimos.
Para este gran festival deseñamos o seu cartaz da edición do ano 2019. Agardamos que vos guste!